Nacionalismo paxto
nacionalismo do pobo paxto de Afganistán e Paquistán / From Wikipedia, the free encyclopedia
O nacionalismo paxto é un movemento político e social que promove a idea de que os paxtos son unha nación e que merecen o seu propio estado soberano, Paxtonistán, o cal consiste nos territorios de maioría paxta de Afganistán e Paquistán. O nacionalismo paxto está intimamente ligado á causa do autogoberno paxtún e da independencia paxtún. O movemento propaga a visión de que os musulmáns non son unha nación e que a lealdade étnica debe superar a relixiosa.[1] Favorecen as ideas dunha "Grande Afganistán" (é dicir, reclama as partes de Paquistán de fala paxto para Afganistán).[1][2]