From Wikipedia, the free encyclopedia
O nacionalismo occitano é un movemento político que reivindica a creación do Estado de Occitania secesionado de Francia. Reivindica basicamente gran parte do sur de Francia, ademais de Mónaco e algúns territorios de España e Italia, como nación occitana. O fundamento do nacionalismo é lingüístico e cultural aínda que actualmente a lingua occitana é minoritaria en todo o seu ámbito lingüístico.
O nacionalismo occitano naceu coma un sentimento de agravio das rexións do sur de Francia provocado pola reestruturación económica e enerxética emprendida polo gaullismo durante os anos 60, ante a suposta prioridade cara ás máis prósperas rexións do norte. A partir de 1968 deuse rexurdimento cultural occitano que, combinado coa protesta económica, desembocou na década de 1970 nunha reivindicación nacionalista que consideraba que Occitania era unha colonia interna do Estado centralista francés[1].
O devir da conxuntura económica internacional nas seguintes décadas desbordou a explicación do colonialismo interno e, á par que outros movementos nacionalistas tanto do resto de Francia como de Europa, o eixo central da reivindicación pasou a ser a identidade cultural e o dereito das minorías.
Durante a década de 1980 o nacionalismo occitano languideceu e foi perdendo influencia na sociedade debido basicamente á súa fragmentación en numerosos partidos e organizacións de distinta ideoloxía, e á súa incapacidade para poder articular un movemento romanticista que abarcase un territorio tan amplo (entre un terzo e a metade de Francia) cunha realidade social moi heteroxénea. A partir da década de 1990 o movemento político occitano pode calificarse de marxinal.
Malia isto, o nacionalismo occitano gañou influencia a partir da creación de Libertat!, organización independentista e de esquerdas, no 2009. No ano 2015 xorde no Val de Arán, o único territorio occitano en España, unha organización asamblearia chamada Corròp, a cal apoia a creación dun Val de Arán autónomo dentro dunha Cataluña independente, o que consideran que sería positivo para Occitania coma proxecto nacional.[2]
O nacionalismo occitano propón como capital de Occitania a cidade francesa de Tolosa.
Na seguinte táboa especifícase a extensión e poboación dos territorios reivindicados polo nacionalismo occitano:
reivindicado |
Extensión (km²) |
Habitantes | |
---|---|---|---|
España |
Val de Arán (Cataluña) | 634 | 10.000 |
Francia |
Aquitania (quitando ao País Vasco francés) | 38.366 | 2.800.000 |
Auverña | 26.013 | 1.327.000 | |
Languedoc-Rosellón (excepto Pireneos Orientais) | 23.260 | 2.098.000 | |
Lemosín | 16.942 | 712.000 | |
Midi-Pireneos | 45.348 | 2.687.000 | |
Provenza, Alpes e Côte d'Azur | 31.400 | 4.666.000 | |
Italia |
Guardia Piamontesa (Calabria) | 21 | 2.000 |
Vales Occitanos (Liguria) | ? | ? | |
Vales Occitanos (Piemonte) | 4.500 | 200.000 | |
Principado de Mónaco | 2 | 33.000 | |
Occitania | |||
A bandeira nacionalista occitana incorpora unha estrela dourada de sete puntas á tradicional bandeira representativa de Occitania. Foi agregada durante os amos 1970 á proposta de Francés Fontan e do Partido da Nación Occitana, simbolizando as sete rexións históricas occitanas (Auvernia, Delfinado, Gascuña, Guiana, Languedoc, Lemosín e Provenza) e tamén representa o símbolo do Félibrige: a Santa Estrela.
O nacionalismo occitano adquiriu expresión política a partir de 1959, coa creación por parte de Francés Fontan do Partit Nacionalista Occità (actualmente Partit de la Nacion Occitana), representando a concreción das teorías sociopolíticas desenvolvidas polos ideólogos occitanistas u sobre todo as de Robèrt Lafont.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.