movemento rexionalista From Wikipedia, the free encyclopedia
O nacionalismo lombardo é un movemento nacionalista, mais principalmente rexionalista, activo principalmente na Lombardía, Italia. O movemento procura máis autonomía ou mesmo a independencia da rexión da Lombardía e de todos os territorios vinculados lingüisticamente ou historicamente a Lombardía.[1] Durante a década de 1990, estivo estreitamente conectado co nacionalismo padano.
No presente, os principais partidos nacionalistas lombardos son a Lega Lombarda e Pro Lombardia Indipendenza.
Ao igual que no resto de Europe, durante o romanticismo houbo un espertar do sentimento nacionalista na Lombardía. A creación napoleópnica da República Cispadana, que posteriormente foi substituída pola Cisalpina, abriu as portas ao debate político sobre o status da Lombardía. Carlo Botta, un político piemontés, escribiu un libro titulado Proposition to the Lombards about a way of free government, onde reivindicou a necesidade dunha constitución para a Nación Lombarda, independente da francesa e inspirada na revolución.[2] Ao mesmo tempo, Giuseppe Faroni propuxo un proxecto de constitución titulado Constitutional pole for the Lombard Republic.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.