movemento nacionalista From Wikipedia, the free encyclopedia
O nacionalismo libanés (en árabe: قومية لبنانية) é un movemento nacionalista que considera aos libaneses como unha nación distinta e independente do mundo árabe. Esta ideoloxía considera aos libanesas como descendentes directos dos fenicios.
Esta ideoloxía ten as súas raíces na guerra sectaria do século XIX que se produciu entre os maronitas e os drusos no Monte Líbano.[1] Tomou forma durante o período de entreguerras e no mandato francés de Siria, cando serviu principalmente como ferramenta para opoñerse ao nacionalismo árabe e para xustificar a existencia do nacente país, o Líbano.
Durante o século XX e a guerra civil libanesa, o nacionalismo libanés estivo asociado coas Falanxes Libanesas, as Forzas Libanesas, o Partido de Liberación Nacional e movementos secularistas como Gardiáns dos Cedros, o Bloque Nacional e o Partido de Renovación Libanesa, encabezado polo recoñecido poeta e filósofo libanés Said Akl.
O nacionalismo libanés vai aínda máis alá e incorpora visións irredentistas indo máis aló das fronteiras libanesas, buscando unificar todas as terras da antiga Fenicia arredor do actual Líbano.[2] Isto vén do feito de que o actual Líbano, a costa mediterránea de Siria e o norte de Israel é a área que corresponde aproximadamente á antiga Fenicia e, como resultado, a maioría do pobo libanés identifícase coa antiga poboación fenicia desa rexión.[3] Polo tanto, o país do Gran Líbano proposto inclúe o Líbano, a costa mediterránea de Siria e o norte de Israel.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.