![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/20/Flag_of_Bavaria_%2528lozengy%2529.svg/langgl-640px-Flag_of_Bavaria_%2528lozengy%2529.svg.png&w=640&q=50)
Nacionalismo bavarés
From Wikipedia, the free encyclopedia
O nacionalismo bavarés[1] ou bávaro é un nacionalismo que afirma que os bavareses son unha nación e que promove a unidade dos bavareses.[2] O nacionalismo bavarés foi especialmente prominente dende a incorporación de Baviera dentro do estado de Alemaña no ano 1871.[2] Os nacionalistas bavareses que os termos nos que Baviera entrou en Alemaña en 1871 foron controvertidos e afirman que o goberno alemán se entrometeu durante moito tempo na desexada autonomía de Baviera, polo cal se fan chamamentos a prol da independencia de Baviera.[2] Despois da derrota de Alemaña na primeira guerra mundial, o nacionalismo bavarés colleu aínda máis forza, facéndose popular entre os movementos políticos revolucionarios e reaccionarios..[3] Logo do colapso do Imperio Austrohúngaro tralo remate da primeira guerra mundial, fixéronse propostas a Austria para unirse a Baviera.[4] Nesta época o goberno bavarés tiña especial interese en incorporar as rexións de Tirol do Norte e Alta Austria a Baviera.[5] Este foi un asunto importante despois da primeira guerra mundial, cun número destacado de tiroleses do norte de Austria que declararon a súa intención de que o Tirol do Norte se unise a Baviera.[6]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/20/Flag_of_Bavaria_%28lozengy%29.svg/640px-Flag_of_Bavaria_%28lozengy%29.svg.png)