ideoloxía From Wikipedia, the free encyclopedia
O nacionalismo austríaco é o nacionalismo que afirma que os austríacos son unha nación e que promove a unidade cultural dos austríacos.[1] O nacionalismo austríaco desenvolveuse orixinalmente como un nacionalismo cultural que resaltaba unha identidade relixiosa católica. Á súa vez, caracterízouse pola súa oposición a unificación con Prusia, de maioría protestante, algo que era percibido como unha ameaza potencial ao núcleo católico da identidade nacional austríaca.[2]
O nacionalismo autríaco xurdiu por primeira vez durante as guerras napoleónicas, con Joseph von Hormayr como o máis prominente líder político nacionalista autríaco daquela.[3] Na década de 1930, o goberno da Fronte Patriótica de Engelbert Dollfuss e Kurt Schuschnigg rexeitou as aspiracións panxermánicas de unir Austria cunha Alemaña dominante protestante, aínda que non rexeitou totalmente unha unión potencial e afirmou que calquera unificación de Austria con Alemaña requiriría dun estado federal alemán onde se garantise a Austria e aos austríacos o status privilexiado que recoñecese a unha nación austríaca dentro dunha "Kulturnation" alemá.[4] Despois dos eventos da segunda guerra mundial e o nazismo, os austríacos comezaron a rexeitar a identidade xermánica, a cal foi substituída por unha identidade austríaca máis ampla.[5][6] Despois da guerra, houbo quen chegou a describir a Austria como a "primeira vítima de Hitler".[7]
No período logo da segunda guerra mundial, aqueles que recoñecían a Austria como unha nación rexeitaron a identidade alemán dos austríacos e enfatizaron o patrimonio non alemán entre a poboación austríaca, incluíndo o pasado celta, ilirio, romano e eslavo.[8] Os defensores nacionalistas afirmaron que os austríacos tiñan herdanza celta, xa que Austria é o territorio da primeira cultura característica celta, a cultura de Hallstatt.[9] Os austríacos contemporáneos expresan o seu orgullo por ter patrimonio celta e Austria posúe unha das maiores coleccións de artefactos celtas en Europa.[10]
O nacionalismo austríaco foi desafiado internamente. O principal nacionalismo rival foi o nacionalismo alemán. Outro nacionalismo rival emerxeu despois da derrota do Imperio Austrohúngaro na primeira guerra mundial, o nacionalismo bavarés, o cal desafiou a nova Primeira República Austríaca con propostas de unificación con Baviera.[11] Nesta época o goberno bavarés tiña especial interese en incorporar as rexións de Tirol do Norte e Alta Austria a Baviera.[12] Este foi un asunto importante despois da primeira guerra mundial, cun número destacado de tiroleses do norte de Austria que declararon a súa intención de que o Tirol do Norte se unise a Baviera.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.