Nacionalismo (música)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O nacionalismo na música refírese ao uso de materiais recoñecidos como nacionais, en especial na música chamada culta ou clásica. Por exemplo, o uso directo da música tradicional, e o uso de melodías, ritmos e harmonías inspiradas nela. O nacionalismo tamén inclúe o uso do folclore como base para obras programáticas ou óperas.
Datos rápidos País, Xénero ...
![]() Grupo dos Cinco, representativos do nacionalismo musical ruso | |
País | Diversos territorios, principalmente de Europa e América. |
---|---|
Xénero | Clásica. Relacionado co romanticismo e a música tradicional de distintos pobos. |
Estilo | Música culta con influencia da música tradicional, folclórica e popular. |
Circunstancias de creación | Século XIX. Precursores do s. XVIII. |
Pechar
O nacionalismo asóciase xeralmente ao romanticismo musical de mediados do século XIX, pero hai evidencias de precursores do nacionalismo durante todo o século XVIII. O termo tamén se usa a miúdo para describir a música rexional do século XX, especialmente de América Latina. Até hai ben pouco, o nacionalismo musical do XIX foi considerado como unha reacción contra o "dominio" da música romántica alemá.