Música programática
From Wikipedia, the free encyclopedia
A música programática é a música que ten por obxectivo evocar ideas ou imaxes extra-musicais na mente do oínte, representando musicalmente unha escena, imaxe ou estado de ánimo. Ao contrario, enténdese por música absoluta aquela que se aprecia por ela mesma, sen ningunha referencia particular ao mundo exterior á propia música. O termo aplícase exclusivamente na tradición da música clásica europea, particularmente na música do período romántico do Século XIX, durante o cal o concepto vai coller gran popularidade, a pesar de que antes xa existiran pezas de carácter descritivo. Habitualmente o termo resérvase ás obras puramente orquestrais (pezas sen cantantes nin letra) e polo tanto non é correcto utilizalo para a ópera e os lieder.