N-nucleótido
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os N-nucleótidos, ou nucleótidos non incluídos na cadea molde (nontemplated nucleotides) son nucleótidos do ADN dos linfocitos que non forman parte da secuencia orixinal do ADN pero que se introducen encimaticamente durante o desenvolvemento dos linfocitos para crear diversidade nas unións dos segmentos xénicos V(D)J dos xenes das inmunoglobulinas e do receptor TCR.[1] A perda ou adición de nucleótidos nas unións xeradas pola recombinación V(D)J aumenta significativamente o repertorio antíxeno-receptor, polo que a adición destes nucleótidos contribúe a incrementar a súa diversidade.
Na adición destes nucleótidos intervén un encima chamado desoxinucleotidil transferase terminal (TdT), que é unha ADN polimerase especial, cuxa única misión coñecida é esa. A TdT só se expresa durante o breve período de ensamblaxe da cadea pesada da inmunoglobulina na célula B.[2] Neste proceso parece que é necesaria a intervención do factor Ku80, aínda que non se coñece en detalle como actúan as TdT.[1][3]