From Wikipedia, the free encyclopedia
O nó de Salomón (Latín sigillum Salomonis) é o nome común dun motivo decorativo tradicional utilizado desde a antigüidade, e que foi adoptado por numerosas culturas. A pesar do seu nome, en realidade clasifícase coma un elo, xa que non é un nó verdadeiro de acordo coas definicións da teoría matemática dos nós.
O nó de Salomón está formado por dous lazos pechados, os cales se atopan dúas veces entrelazados de maneira intercalada. É dicir, se o colocamos sobre unha superficie plana, o nó de Salomón posúe catro cruces nas cales os dous lazos entrelázanse por debaixo e por encima do outro (en contraposición coas dúas cruces que posúe o elo de Hopf).
Na maioría das representacións artísticas, as partes dos lazos que se cruzan de forma alternativa son os lados dun cadrado central, mentres que os catro lóbulos esténdense cara a fóra nas catro direccións. Os catro lóbulos poden ter forma oval, cadrada, ou triangular, ou poden ter extremos en forma de formas libres tales como follas, ás, lóbulos etc.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nó de Salomón |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.