Nájera
concello da Rioxa From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da Rioxa From Wikipedia, the free encyclopedia
Nájera[1] é un municipio da comunidade autónoma da Rioxa, atravesada polo río Najerilla.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | A Rioxa | ||||
Capital de | |||||
Capital | Nájera | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.059 (2023) (215,25 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 37,44 km² | ||||
Altitude | 485 m | ||||
Comparte fronteira con | Alesón (pt) Hormilla (pt) Azofra (pt) San Asensio (pt) Torremontalbo (pt) Hormilleja (pt) Uruñuela Cordovín (pt) Cárdenas (pt) Alesanco (pt) Badarán Tricio (pt) Camprovín (pt) Arenzana de Abajo (pt) Huércanos (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Marta Martínez García | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 26300 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 26102 | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | ? | ||||
Identificador | 575 | ||||
Páxina web | najera.es |
Os estudos arqueolóxicos sinalan unha densa ocupación prehistórica dos outeiros que bordean a cidade actual e dos situados no seu termo municipal, polo menos desde a Idade de Bronce. Durante a Idade de Ferro apréciase un continuado proceso de concentración da poboación, que desembocará na aparición de poboados máis complexos compostos por vivendas rectangulares parcialmente escavadas na roca, construídas con armazóns de madeira e adobes (Cerro Molino). Estes poboados celtibéricos que atopan, e ás veces destrúen, os conquistadores romanos correspóndense aos poboadores berones que citan as fontes clásicas.
Durante o período romano, a Nájera actual forma parte de Tritium Magallum (Tricio), localidade situada a dous quilómetros.
Baixo dominio musulmán levántase un castelo-refuxio no cumio do cerro que domina Nájera, praza que será fundamental no control da Rioxa Alta e da fronteira cristiá.
Desde principios do século X menciónase Nájera nas narracións sobre as continuas loitas entre mouros e cristiáns. Á poboación déronlle os árabes o nome de Náxara ("Lugar entre penas" ou "Lugar ao mediodía") e ó seu río Nalia chamáronlle Najarilla.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.