From Wikipedia, the free encyclopedia
Náiade (en grego Ναϊάδ-ες), tamén coñecido coma Neptuno III, é o satélite máis interior de Neptuno que recibiría o nome das Náiades da mitoloxía grega.[5]
Náiade ou Talasa vista pola Voyager 2 (o difuso da imaxe provoca un alongamento do obxecto). | |
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Equipo de Imaxes da Voyager |
Descuberta en | setembro do 1989 |
Características orbitais[1] | |
Época 18 de agosto do 1989. | |
Eixo semi-maior | 48.227 ± 1 km |
Excentricidade | 0,0004 ± 0,0003 |
Período orbital | 0,2943958 ± 0,0000002 d |
Inclinación | 4,75 ± 0,03° (respecto do ecuador de Neptuno) 4,75° (respecto do plano local de Laplace) |
é satélite de | Neptuno |
Características físicas | |
Dimensións | 96×60×52 km[2][3] |
Radio medio | 33 ± 3 km[4] |
Masa | ~1,9 x 1017 kg (baseada nunha densidade asumida) |
Densidade media | ~1,2 g/cm3 (estimada) |
Período de rotación | asumida coma sincrónica |
Oblicuidade da eclíptica | ~presumiblemente cero |
Albedo (xeométrico) | 0,07[2][3] |
Temperatura superficial | ~51 K de media (estimada) |
Atmosfera | sen atmosfera |
Náiade foi descuberta nalgún momento de a mediados de setembro do 1989, a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2. Foi a última lúa descuberta durante o achegamento da Voyager a Neptuno e foi designada temporalmente coma S/1989 N 6.[6] Este descubrimento foi anunciado o 29 de setembro do 1989 pola Unión Astronómica Internacional na súa Circular No. 4867, pero só se falaba de "25 fotogramas tomados durante 11 días", outorgándolle ó descubrimento unha data algo anterior ó 18 de setembro. Recibiu o seu nome oficial o 16 de setembro do 1991[7].
Náiade é de forma irregular (non esférica) e aparece sen signos aparentes de cambios xeolóxicos. É posible que coma no caso doutros satélites situados entre Tritón e Neptuno, esta lúa sexa algo semellante a unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial.[8]
Náiade orbita a 23.500 kms por riba das cimas das nubes de Neptuno. a súa órbita está por debaixo do radio da órbita sincrónica de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando unha anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa. Posiblemente Náiade orbite Neptuno dentro do rango deste límite, coma se supón que ten unha densidade baixa, o satélite podería xa estar moi preto do límite de Roche.[Cómpre referencia]
Dende o achegamento da Voyager 2, o sistema de Neptuno foi intensamente estudado polos observatorios terrestres e polo Telescopio Espacial Hubble. En marzo do 2002 o telescopio Keck observou o sistema usando a tecnoloxía da óptica adaptativa e así poder detectar sen moitos problemas os catros satélites interiores máis grandes do sistema de Neptuno. Talasa foi atopada grazas en parte ó procesado das imaxes, pero Náiade non foi localizada.[9] O Hubble ten a habilidade de detectar tódolos satélites coñecidos e os posibles novos satélites con máis precisión e fiabilidade cá Voyager 2. Pero Náiade aínda non foi atopada. Isto fai sospeitar que existiron bastantes erros nas efemérides de Náiade.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.