From Wikipedia, the free encyclopedia
A salsa é o nome co que se coñece a mestura de ritmos musicais afrocaribeños tal que o son montuno, o guaguancó, o mambo ou a rumba, orixinarios todos eles de Cuba, coa bomba ou a plena portorriqueñas, entre tantos outros.
Malia que non existe un criterio unánime ao respecto das orixes, seica os primeiros movementos salseiros tiveron lugar contra finais da década de 1960. Trátase, nunha primeira etapa, dunha mera adaptación do mambo da década de 1950. Pouco máis tarde chegou o aluvión de influencias internacionais, principalmente dos países da conca do Caribe: o merengue dominicano, o calipso de Trinidad e Tobago, a cumbia colombiana, o reggae xamaicano ou mesmo o rock estadounidense. A mestura musical destas e outras contribucións conforman o que hoxe se denomina formalmente como música salsa, un dos xéneros máis propicios para o baile e a festa, cando menos nas culturas latinas. No aspecto técnico, cómpre pór de relevo o feito de que o compás é sempre cuaternario.
Para os latinos nos Estados Unidos, a salsa non serviu unicamente para anexionar os seus ritmos, senón que desenvolveu amais un novo xénero de baile: o New York Style determinado pola escola cubana e portorriqueña e ampliado por unha morea de elementos de academia de baile. Dende Nova York este xénero de baile atopou tamén en Europa moita divulgación xunto ao cubano casino.
En Cali, Colombia, desenvolveuse nos anos 70 un xénero acrobático de baile colombiano caracterizado polo rápido movemento dos pés e as cadeiras.
Na costa occidental dos Estados Unidos desenvolveuse nos anos noventa o L.A. Style, similar ao New York Style, aínda que se baila nun tempo diferente, e unha maior gama de elementos para o espectáculo. Contra a fin do milenio os mexicanos regresador de California fan que gañe popularidade o L.A. Style tamén en México.
Por outra banda, tamén está o estilo denominado Roda de casino, un baile de grupo en círculo no cal un actúa como voz e vai dando ordes con voltas e cambios de parella que fan este subxénero divertido e participativo.
As letra na salsa abranguen diversos campos, estendéndose dende simple frases de acompañamento para números de danza sinxelos, con pouca innovación, a outro tipo de lirismo máis elocuente propio das cancións románticas sentimentais e chegando a letras máis picantes e atrevidas e mesmo politicamente incorrectas. Os artistas de salsa decote incorporan bravata a denominada "guapería" (falcatruada) nas súas composicións, nunha maneira evocadora do calypso e a samba, algo que se cadra se pode atribuír aos "antecedentes humildes" de moito dos artistas (ex.: Héctor Lavoe ou Willie Colón, co época dos guetos e das bandas en Nova York e Porto Rico) e a subseguinte necesidade de compensar a marxinación das súas orixes. A salsa ten unha esencia viril, conformado ou desencolvendo en certo modo a identidade do home latino. Así, son habituais os sarcasmo, a sorna ou os desafíos coma parte tradicional deste xénero musical.
Tamén existe o compoñente político, como "Libertad de Luisiana" de Eddie Palmieri ou de reivindicación social como "El Gran varón", de Willie Colón. Son así mesmo comúns as apoloxías da cultura popular portoririqueño e por ende latina. As linguas de composición son o castelán, o inglés ou mesmo ás veces unha mestura de ambas as dúas linguas, o que se deu en coñecer como spanglish.
Algunhas celebridades da salsa (ordenados alfabeticamente):
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.