Un médico[1] é un profesional que practica a medicina que intenta manter e recuperar a saúde humana mediante o estudo, o diagnóstico e o tratamento da enfermidade ou lesión do paciente. Na lingua galega, de xeito coloquial, denomínase tamén doutor[2] a estes profesionais, aínda que non obteñan o grao de doutoramento.
O médico é un profesional altamente cualificado en materia sanitaria, que é capaz de dar respostas xeralmente acertadas e rápidas a problemas de saúde, mediante decisións tomadas habitualmente en condicións de gran incerteza, e que precisa de formación continuada ao longo de toda a súa vida laboral.[3]
Obxectivo
O principal obxectivo do médico, e da medicina por extensión, é "coidar a saúde do paciente e aliviar o seu sufrimento".[4] "O médico poucas veces cura, algunhas alivia, pero sempre debe consolar".
Motivación
As razóns para ser médico na actualidade poden ser de catro tipos:[5][6]
Persoais
Son as razóns principais e máis importantes.
- O atractivo social da profesión.
- Acceder a unha posición económica máis ou menos holgada.
- Influencia de familiares, amigos, ou dos medios de comunicación.
- Compromiso cos pacientes e o seu sufrimento, co concreto e individual.
- Formulacións relixiosas, filosóficas ou de vida, como a crenza do impacto da medicina na equidade.
- Rexeitamento a outras opcións de vida.
Sociais
- Lograr un alto prestixio social, un lugar elevado na escala de clases sociais.
- Pode ser un camiño de compromiso social para o cambio das circunstancias que xeran enfermidade. Loita contra os determinantes sociais da saúde, e solidariedade cos afectados.
- Pode chegar a ser unha forma de rebelión contra a inxustiza social.
Científicas
- Traballar en centros que irradien novo coñecemento científico, para que cambie a cara do sufrimento humano.
- Dominar unha parte poderosa da ciencia e da técnica, de enorme atractivo polo seu impacto na saúde do paciente.
- O esforzo pola innovación da organización de servizos, e a mellóraa da investigación aplicada á atención dos pacientes cos ensaios clínicos, os estudos observacionais e o conxunto que chamamos "medicina baseada en probas" (Evidence Based Medicine).
- A ansia do desenvolvemento das ciencias médicas é fundamental, e serve de acicate á continua necesidade de formación continuada que caracteriza ao médico.
- A produción de ética médica, que pon o contrapunto filosófico e deontolóxico ao que facer do médico clínico.
Prácticas
- Pode ser unha elección que dea moita versatilidade á vida, como ofrecen as diferentes especialidades médicas, os lugares de traballo e o tempo dedicado á profesión.
- A remuneración do médico. En xeral, como médico recíbese unha compensación económica que adoita estar na media ou por encima da media doutros profesionais (aínda que hai variacións extremas), e en todo caso ser médico é un medio de vida. A constante é ter ingresos que permiten levar unha vida honrada, con solvencia para facer fronte a formar unha familia e criar algúns fillos.
Valores
As calidades que debe posuír un médico clínico son:[5][7][8]
- o trato digno ao paciente e aos compañeiros.
- o control xuicioso da incerteza durante o encontro co enfermo
- a práctica dunha ética da ignorancia (compartir co paciente as limitacións científicas)
- a práctica dunha ética da negativa (para rexeitar aquilo que non ten sentido, firme pero amablemente, de pacientes, xefes e compañeiros)
- unha enorme polivalencia no limitado tempo da atención clínica.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.