![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/11/%25D7%259E%25D7%25A1%25D7%2598%25D7%2599%25D7%25A7%25D7%2590_-_2.jpg/640px-%25D7%259E%25D7%25A1%25D7%2598%25D7%2599%25D7%25A7%25D7%2590_-_2.jpg&w=640&q=50)
Mástique
O mástique é unha resina obtida do lentisco (Pistacia lentiscus) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O mástique é unha resina obtida do lentisco (Pistacia lentiscus). A resina véndese no mercado en forma de gotas ou lágrimas arredondadas, de arredor de 5 mm de diámetro.[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/11/%D7%9E%D7%A1%D7%98%D7%99%D7%A7%D7%90_-_2.jpg/640px-%D7%9E%D7%A1%D7%98%D7%99%D7%A7%D7%90_-_2.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2f/Gotaq.jpg/320px-Gotaq.jpg)
É amarela clara, bastante brillante, ficando máis opaca co tempo. Pode ser quebradiza, mais amolece coas baixas temperaturas. O mástique fresco disólvese en alcol e esencia de terebintina, formando un verniz perfectamente claro, sendo insolúbel nas esencias minerais. A cidade grega de Mastichochoria é coñecida coma un importante centro produtor do mástique.
Emprégase xeralmente na construción, para reencher ocos, tapar xuntas estáticas ou con lixeiro movemento tales como: xuntas de carpintaría (madeira, aluminio e PVC) de obra, vidros, entre outras utilidades.
O mástique utilízase na gastronomía turca coma base do sorbete dondurma.