From Wikipedia, the free encyclopedia
Más Madrid é unha plataforma política madrileña de esquerdas impulsada pola actual alcaldesa da cidade Manuela Carmena.
Más Madrid | |
---|---|
Partido político da Comunidade de Madrid | |
Dirixentes e organización | |
Candidata á alcaldía de Madrid | Manuela Carmena |
Candidato á presidencia da Comunidade de Madrid | Íñigo Errejón |
Historia | |
Fundación | 22 de novembro de 2018 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Esquerda política Progresismo |
Outros datos | |
Na rede | |
masmadrid.org | |
En setembro de 2018 a alcaldesa de Madrid Manuela Carmena anunciou as súas intenciones de presentarse á relección nas eleccións municipais de 2019 cunha nova plataforma política, diferente a de Ahora Madrid, o partido político "instrumental" co cal cocorrera ás eleccións de 2015.[1][2] A mediados de novembro, os concelleiros de Ahora Madrid con militancia en Podemos Rita Maestre, José Manuel Calvo, Jorge García Castaño, Marta Gómez, Esther Gómez e Paco Pérez anunciaron que non participarían nas primarias de Podemos e manifestaron a súa intención de presentarse ás primarias da plataforma de Manuela Carmena, o que causou a súa suspensión cautelar de militancia no partido.[3]
O 22 de novembro de 2018 a plataforma de Carmena presentouse formalmente, co nome definitivo de "Más Madrid". Nesta presentación anunciouse que a campaña electoral da plataforma financiarase con "microcréditos" e que na candidatura non habería "cuotas" para partidos.[4] En xaneiro de 2019, Íñigo Errejón, até entón primeiro de lista oficioso de Podemos nas eleccións autonómicas de 2019, anunciou nunha carta conxunta con Manuela Carmena a súa intención de presentarse como candidato para esas eleccións dentro da plataforma de Más Madrid, anunciándose na propia carta a intención de celebrar de primarias en febreiro.[5] O anuncio xerou unha grave crise en Podemos; o secretario xeral do partido Pablo Iglesias Turrión desautorizou a iniciativa de Íñigo Errejón cunha carta, na que declarou que consideraba a iniciativa do seu excandidato como allea á ruta marcada polos inscritos do partido.[6] Esta crise causou a dimisión de Íñigo Errejón como deputado e de Ramón Espinar como secretario xeral de Podemos na Comunidade de Madrid.[7][8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.