Mutarrotación
From Wikipedia, the free encyclopedia
A mutarrotación é o cambio na rotación óptica dunha disolución debida á interconversión entre dous epímeros ata chegar ao equilibrio entre as dúas formas. Presentan mutarrotación os azucres cíclicos (piranosas e furanosas), que posúen isómeros anoméricos α e β que se poden interconverter (anomerización).[1] A rotación óptica da disolución depende da rotación óptica de cada anómero e a súa proporción na disolución.
A mutarrotación foi descuberta polo químico francés Augustin-Pierre Dubrunfaut en 1846, ao se decatar de que a rotación específica de azucres en disolución acuosa cambiaba co tempo.[2][3]