Museo de Pontevedra
museo en Pontevedra / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Museo de Pontevedra, tamén coñecido como Museo Provincial de Pontevedra, foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. O edificio fundacional, o Castro Monteagudo, localízase na rúa Pasantería en Pontevedra.
Datos rápidos Coordenadas, País ...
Museo de Pontevedra | |
---|---|
Edificios García Flórez (á esquerda) e Castro Monteagudo | |
Coordenadas | |
País | Galicia, España |
Cidade | Pontevedra |
Director | Ángeles Tilve Jar[1] |
Inauguración | 1927 |
Superficie | 10.000 m² |
Visitantes | 188 600 [2] |
Na rede | |
https://museo.depo.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pechar
Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.