![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d8/Offa%2527s_Dyke_near_Clun.jpg/640px-Offa%2527s_Dyke_near_Clun.jpg&w=640&q=50)
Muralla de Offa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A muralla de Offa (en inglés Offa's Dyke, en galés Clawdd Offa) é unha antiga construción defensiva da illa de Gran Bretaña, erixida polo rei Offa de Mercia en torno ao ano 777, similar ás anteriores murallas romanas existentes no norte da illa; a muralla de Adriano e a muralla de Antonino Pío.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d8/Offa%27s_Dyke_near_Clun.jpg/320px-Offa%27s_Dyke_near_Clun.jpg)
Duns 240 km de lonxitude, estaba construída en adobe, estendéndose ao longo de toda a fronteira con Gales e Cornualla, agás nas zonas nas que a densidade dos bosques os facían practicamente impenetrábeis. Tiña como finalidade a defensa das terras anglosaxoas fronte ás poboacións celtas do outro lado da muralla, tanto galeses coma córnicos.