From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos murénidos (Muraenidae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos angüiliformes coñecidos vulgarmente como moreas, que habitan en augas tropicais e subtropicais de todo o mundo.
Murénidos Muraenidae Rango fósil: mioceno - actualidade [1] | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Muraena helena no Aquarium Finisterrae | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||||||
|
Teñen o corpo serpentiforme, que chega a medir até 150 cm, e carecen normalmente de aletas pectorais e pelvianas; a aleta dorsal nace na parte posterior da cabeza e se estende por todo o dorso, uníndose coa aleta caudal.
A cabeza é longa, e está dotada de fortes mandíbulas adaptadas á captura das súas presas. Os ollos son pequenos, ao igual que as branquias.
Carecen de escamas, e a mucosa que cobre o corpo é tóxica en moitas especies.
A coloración é irregular para favorecer a cripse.
Habitan en arrecifes coralinos e zonas costeiras rochosas, o que lles permite, grazas ao seu corpo serpiforme, axexar ás súas presas desde as fendas onde se agochan.
Son voraces predadores, alimentándose doutros peixes, cefalópodos e crustáceos. Outras moreas e meros encóntranse entre os seus escasos depredadores.
Adoitan seren moi agresivas e aínda que a súa mordedura non é velenosa si é moi dolorosa.
A familia componse de dúas subfamilias e quince xéneros recoñecidos:[2][3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.