O termo mundo deriva do latínmundus, mundi e refírese á totalidade das entidades, ao conxunto da realidade ou a todo o que existe.
A conceptualización do mundo foi abordada de maneiras diversas en distintos campos do saber.[1] Algunhas concepcións ven o mundo como único: non pode haber máis que un mundo. Outras falan dunha "pluralidade de mundos".[2] Algúns ven os mundos como cousas complexas compostas de moitas substancias como as súas partes, mentres outros sosteñen que os mundos son simples no sentido de que hai só unha substancia: o mundo como un todo.[3]