Movemento do deseño intelixente
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Movemento do deseño intelixente (inglés: Intelligent design movement) é unha campaña neocreacionista relixiosa con orixe nos Estados Unidos de América, que promove a idea do deseño intelixente en ámbitos sociais, académicos e políticos, afirmando que "certas características do universo e a vida explícanse por unha causa intelixente e non por un proceso non dirixido coma a selección natural.[2][3] Este movemento ten varios plans de acción, dos que os máis coñecidos son os do Discovery Institute, como por exemplo a estratexia da cuña (controversia sobre o ensino).