Motu One, Illas da Sociedade
From Wikipedia, the free encyclopedia
Motu One, coñecido tamén como Bellinghausen, é o atol máis setentrional do grupo de illas de Sotavento das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. Administrativamente depende directamente do goberno territorial. Está situado a 550 km ao noroeste de Tahití e 72 km ao nordeste de Manuae, o seu veciño máis próximo.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Motu One.
Datos rápidos Situación, País ...
Motu One | |
---|---|
Localización do atol | |
Situación | |
País | Francia |
Colectividade de ultramar | Polinesia Francesa |
Arquipélago | Illas da Sociedade |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 15°48′S 154°32′O |
Xeografía | |
Xeoloxía | Atol (6 illas) |
Superficie | 2´829 km² |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Pechar
O atol consiste en seis illotes e unha lagoa sen ningún paso navegable. Todos os seus lados están cubertos con illas areosas baixas e boscosas, agás polo seu lado sur. É un importante lugar para a reprodución das tartarugas verdes que acoden a aniñar no outono. A superficie total é de 2´8 km² e non ten unha poboación permanente.