complexo monástico de Armenia, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO From Wikipedia, the free encyclopedia
O mosteiro de Haghpat, tamén coñecido como Haghpatavank (en armenio: Հաղպատավանք), é un mosteiro medieval que se atopa en Haghpat, Armenia.[1] Construíuse entre os séculos X e XIII. Descrito como unha "obra mestra da arquitectura relixiosa e un importante centro de aprendizaxe na Idade Media", o mosteiro de Haghpat, xunto co mosteiro de Sanahin, foron considerados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1996.[2][3][4] Os mosteiros de Haghpat e Sanahin foron elixidos como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO porque:
Os dous complexos monásticos representan o máis alto florecemento da arquitectura relixiosa armenia, cuxo estilo único desenvolveuse a partir dunha mestura de elementos da arquitectura eclesiástica bizantina e a arquitectura vernácula tradicional da rexión caucásica.[1]
Tipo | mosteiro | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | mosteiros de Haghpat e Sanahin | |||
Localización | ||||
División administrativa | Hakhpat, Armenia | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 1996 (20ª Sesión) | |||
Identificador | 777-001 | |||
Monumento do patrimonio cultural de Armenia | ||||
Identificador | 7.60/33 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | século X | |||
Hoxe a zona é un lugar turístico cada vez máis popular.
A localización do mosteiro de Haghpat escolleuse para que tivese vistas ao río Debed na provincia de Lori, ao norte de Armenia. Foi construído, non nun cumio, senón a media ladeira dun outeiro nun lugar elixido para ofrecer protección e ocultación de miradas indiscretas e tamén como resposta a unha especie de humildade monástica. Está construído sobre un promontorio verdoso situado no medio dun glaciar de montaña, que adoita estar envolta de nubes. Un pico na beira oposta do río supera os 2.500 metros de altura. Os mosteiros do norte de Armenia non están illados, a diferenza dos seus homólogos das rexións áridas do país. Construíronse nun ambiente de aldea e Haghpat está rodeada de moitas aldeas.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.