especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A mostaza branca (Sinapis alba) é unha planta anual da familia das Crucíferas. Ás veces é coñecida como Brassica alba, Brassica hirta ou mostaza amarela. Cultívase comercialmente en practicamente todo o mundo polo interese das súas sementes para a industria alimentaria, mais probablemente é orixinaria da rexión mediterránea.
Mostaza branca | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Sinapis alba' |
As flores amarelas da planta deste tipo de mostaza producen un tipo de vaíñas (sílicuas) veludas que conteñen as sementes, nas que atoparemos aproximadamente media ducia de grans por vaíña. A colleita da semente da mostaza faise xusto antes de que as vaíñas maduren por completo e abran. As sementes desta especie de mostaza son redondas e de consistencia dura, de en torno ó milímetro ou 2 mm. de diámetro, e dunha cor que pode ir do beige ou o amarelo ó marrón claro.
As sementes da mostaza branca poden usarse enteiras para condimentar encurtidos e vinagretas, ou tostadas para o seu uso en diferentes pratos. Con elas, prepárase o condimento que leva o mesmo nome xenérico da planta, a mostaza (condimento). Unha vez están as sementes moídas e mesturadas con outros ingredientes, obtense unha pasta que pode ser usada tal cal (o que sería a mostaza "orixinal"), ou incluso utilizala como base para outros condimentos menos finos (mostaza "industrial").
Á parte do uso gastronómico, a mostaza branca é tamén utilizada como planta forraxeira.
Tamén é usada en ocasións para sementala como captora de nitratos, é dicir, que se usa como cultivo de barbeito, evitando así deixar os campos nus, limitando a perda dos nitratos solubles. Nese caso, e sementada por exemplo despois dun cereal, ten que ser arrincada antes de que produza as sementes, para evitar a súa reprodución descontrolada. Porén, ás veces está considerada tamén unha mala herba, fundamentalmente nos cultivos de colza.
As sementes son ricas en lípidos (en torno ó 35%) e conteñen sinalbina, que é o tioglicósido responsable do seu gusto agre e lixeiramente picante. Delas extráese tamén un aceite para uso industrial e alimentario. Da mostaza branca tamén se obtén un aceite esencial volátil cuxo compoñente principal (o isociotianato) é máis suave que o producido polas sementes da mostaza negra (Brassica nigra), o que lle confire tamén un aroma e sabor algo máis suaves.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.