From Wikipedia, the free encyclopedia
Morten (ou Martin) Thrane Brünnich, nado en Copenhaguen o 30 de setembro de 1737 e finado o 19 de setembro de 1827, foi un zoólogo e mineraloxista danés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1737 Copenhague, Dinamarca |
Morte | 19 de setembro de 1827 (89 anos) Copenhague, Dinamarca |
Residencia | Dinamarca |
Educación | Universidade de Copenhague |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía e Mineraloxía |
Ocupación | ornitólogo, lepidopterólogo, zoólogo, ictiólogo, profesor universitario, xeólogo, naturalista |
Empregador | Universidade de Copenhague |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Brünnich |
Familia | |
Pai | Andreas Petersen Brunnich |
Irmáns | Peter Brünniche |
Descrito pola fonte | Salmonsens Konversationsleksikon (en) Obálky knih, |
Fillo dun pintor especializado en retratos, estudou en primeiro lugar linguas orientais e teoloxía. Pero, despois de ler obras de Carl von Linné, orientouse axiña cara á historia natural.
Participou na elaboración do Danske Atlas (1763-1781) de Erik Pontoppidan (1698-1764), achegando observacións sobre os insectos. Despois de facerse cargo das coleccións de historia natural de Christian Fleischer dedicouse ao estudo concreto da ornitoloxía, publicando en 1763 Ornithologia Borealis, a primeira fauna aviaria ártica, na que describe por primeira vez numerosas especies. Nela describe, por exemplo, as especies recollidas por Fleischer na península de Boothia (norte do Canadá). O mesmo ano deu á luz un libro de entomoloxía e un tratado sobre os éideres.
Brünnich mantivo correspondencia con numerosos naturalistas estranxeiros, entre eles Carl von Linné, Peter Simon Pallas e Thomas Pennant.
Publicou a súa famosa Entomologia en 1763. Comeza entón un longo periplo por Europa, estudando especialmente os peixes do mar Mediterráneo e as minas de Cornualla e de Hungría. Publicou o resultado das súas observacións ictiolóxicas en 1768 baixo o título de Icthyologia Massiliensis.
Á súa volta, Brünnich ocupou un posto de lector de historia natural e de economía na universidade de Copenhaguen. Alí fundou un museo de historia natural e escribiu un manual escolar, os Zoologiae fundamenta.
Nos últimos anos da súa vida dedicouse principalmente á mineraloxía.
A abreviatura Brünnich emprégase para indicar a Morten Thrane Brünnich como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.