Morte dun miliciano
Fotografía de Robert Capa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Morte dun miliciano (coñecida en inglés como Loyalist Soldier, Falling Soldier ou Loyalist Militia[1]) é o título dunha das fotografías máis coñecidas da Guerra Civil Española, foi tomada polo fotoxornalista Robert Capa[2] o 5 de setembro de 1936 na localidade cordobesa de Espejo.[3] O soldado retratado é Federico Borrell García, un miliciano anarquista.
Foi publicada por primeira vez no número 447 da revista Vu o 23 de setembro de 1936, nunha reportaxe titulada Comment sont-ils tombés (Cómo caeron), xunto a outra fotografía semellante pero menos coñecida, malia que tivo maior relevancia despois da súa publicación na revista Life o 12 de xullo de 1937, nunha reportaxe titulada Death in Spain: the civil war has taken 500.000 lives in one year (Morte en España: a guerra civil levou 500.000 vidas nun ano).