Moreira (árbore)
xénero de plantas / From Wikipedia, the free encyclopedia
As moreiras (Morus) é un xénero de entre 10 e 16 especies de árbores caducifolios nativos de rexións cálidas e temperadas de Asia, África e Norteamérica, sendo a maioría das especies as nativas de Asia. Común na xardinaría mediterránea pola resistencia á seca, en Galicia non son especies abundantes, aparecendo nalgúns xardíns urbanos. Polo que parece, introduciuse serodiamente, procedente de Al-Andalus, conforme os cristiáns avanzaban na reconquista.[1]
Moreira (xénero Morus) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Moreira negra | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Ver texto |
Hai un xénero estreitamente vencellado: Broussonetia (en especial Broussonetia papyrifera).
De novas son de rápido crecemento, indo despois amodo, raramente excedendo os 15 m de altura. As follas arréglanse alternativamente, son simples, ás veces lobuladas (máis frecuentemente lobuladas en gomos novos que en árbores maduras), e serradas na marxe. O froito é múltiple, de 2–3 cm de longo. As amoras brancas comezan cunha cor verde abrancazada e pasan a brancas con bordos rosados cando estean maduras. As amoras negras comezan cunha cor encarnada e ben maduras son púrpuras escuras a negras, comestíbeis e doces, con bo sabor en varias especies.