parroquia civil do concello de Muxía From Wikipedia, the free encyclopedia
San Xulián de Moraime é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Muxía. Segundo o IGE en 2018 tiña 784 habitantes (406 mulleres e 378 homes) distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 1.030 habitantes, e 1999 cando tiña 1.096 habitantes.
Moraime | |
---|---|
Igrexa de San Xulián de Moraime | |
Concello | Muxía[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°05′05″N 9°11′59″O |
Área | 21,46 km² |
Poboación | 784 hab. (2018) |
Densidade | 36,53 hab./km² |
Entidades de poboación | 25[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Entre o seu patrimonio natural destaca o monte Corpiño de Chorente, e as praias dos Muíños e Lourido
A parroquia está atravesada polos camiños de Fisterra, a variante do Camiño de Santiago que procedente de Santiago de Compostela e se dirixe cara Muxía, e o dos Faros, na súa 6ª etapa: ruta Camariñas-Muxía.
A igrexa de San Xulián de Moraime data do século XII. A carón dela estivo o mosteiro de Moraime, creado no século XI e pertencente á Orde de San Bieito. Tamén hai na parroquia un conxunto de antigas casas señoriais.
Nesta parroquia no lugar de Lourido e preto da praia atópase o novo Parador Costa da Morte.
Lugares da parroquia de Moraime no concello de Muxía (A Coruña) | |
---|---|
Alberguería | Añobres | Armear | A Baiuca | Bergantiños | Bouzas | Cartel | As Casas Novas | Os Castelos | Chorente | A Condomiña | Figueiras de Abaixo | Figueiras de Arriba | Labexo | Lourido | Moraime | Os Muíños | Oruxo | Ribas | Risamonde | Serantes | Vilamaior | O Vilariño | Xanzón | Xurarantes |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.