Montes Aquilanos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os montes Aquilanos son unha formación montañosa enmarcada na unidade dos montes de León[1][2] situada ao sur-sueste da bisbarra do Bierzo, Provincia de León, Comunidade Autónoma de Castela e León, España. Serve de límite xeográfico entre as bisbarras tradicionais de Valdueza, o Bierzo Baixo, a bisbarra da Cabreira
Sucados por numerosos regueiros e regatos, destacan o río Cabreira na súa vertente sur, o río Oza na súa vertente norte e o río Compludo na súa parte máis oriental. É a zona percorrida por este río onde mellor se conserva as características destes montes e dos vales que os forman. Son ríos, en xeral, de augas limpas e libres que apenas foron alterados pola man do home (salvo no Val do Oza, do cal durante décadas tomou auga Ponferrada para consumo humano, intentando, actualmente, reducirse ao mínimo a captación). Estes ríos permitiron a formación de bosques de ribeira, xunto cunha gran masa arbórea de carballos, aciñeiras, castiñeiros e cerquiños, os cales deron acubillo a unha importante comunidade faunística, entre a que destacan a aguia real, o lobo, a londra e o aguaneiro.