![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e6/A_Waterfall_after_the_rain._Mount_Roraima._Roraima_Tepuy.jpg/640px-A_Waterfall_after_the_rain._Mount_Roraima._Roraima_Tepuy.jpg&w=640&q=50)
Monte Roraima
From Wikipedia, the free encyclopedia
O monte Roraima é o punto máis alto da cadea montañosa de Pacaraima, en América do Sur.[2] Foi descrito por primeira vez por un europeo durante unha expedición en 1595 polo explorador inglés Walter Raleigh. A súa área de 31 km2[2] está rodeada por tódolos lados por cantís que acadan os 400 m de altitude. A montaña serve como trifinio de Venezuela, Güiana e o Brasil.[2] Raleigh soubo del polos pobos indíxenas que vivían na rexión antes da invasión europea do século XVI e XVII.
Monte Roraima | |
---|---|
![]() O monte Roraima durante a época de chuvias. | |
Localización xeográfica | |
Cordilleira | Escudo güianés |
Localización administrativa | |
Localización | ![]() ![]() ![]() |
Características xerais | |
Altitude | 2810 m m Posición 1 |
Montañismo | |
Primeira ascensión | 1884, lidearada por Sir Everard im Thurn e acompañado por Harry Inniss Perkins e varios nativos güianeses.[1] |
Ruta máis fácil | Sendeirismo |
O monte Roraima atópase no escudo güianés, no recuncho sueste do Parque Nacional Canaima (30 000 km2), en Venezuela, formado o punto máis elevado das terras altas güianesas.
É o punto máis alto de Güiana e o punto máis alto do estado brasileiro de Roraima, mais Venezuela e o Brasil teñen montañas máis altas.