Montañas Altai
cordilleira da Asia Central / From Wikipedia, the free encyclopedia
As montañas de Altai, tamén coñecidas como macizo de Altai (en ruso: Алтайские горы; en turco: Altağ ou Altai, de Al, 'ouro' e tağ, 'monte'; en mongol: Altain-ula, 'montañas de ouro') é unha cordilleira de Asia Central que ocupa territorios de Rusia, China, Mongolia e Casaquistán.
Montañas de Altai | |
---|---|
Localización | |
Continente/s | Asia |
País/es | Rusia China Mongolia Casaquistán |
Rexión | Asia Central |
Coordenadas | 27°59′17.0″N 86°55′31.0″L |
Datos | |
Principais cumes | Beluja, Monch Chajrchan Uul, Otgon Tenguer Uul |
Cota | 4 500 msnm |
Lonxitude | 2 500 km |
Orientación | NO-SL |
Tipo | Oroxenia |
Outros | |
Portos | Porta de Zungaria |
Ríos | Obi, Ienisei, Irtix |
Nela nacen os ríos Obi, Ienisei e Irtix. O extremo noroccidental da cordilleira está situado no 52º N e entre os 84º e os 90º L (onde se fusiona cos montes Saiáns ao leste), estendéndose polo sueste desde ese punto até aproximadamente os 45°N 99°L, onde gradualmente vai perdendo altura acaba no deserto de Gobi.
A cordilleira tamén é coñecida como o Ek-tagh, as Montañas Douradas de Altai, que foron declaradas Patrimonio da Humanidade natural da UNESCO no ano 1998, debido a que «representa un centro importante e orixinal de biodiversidade da flora de montaña e de especies animais da Asia setentrional, das que certo número delas son raras e endémicas».[1]