Moedas de euro de Croacia
From Wikipedia, the free encyclopedia
As moedas de euro de Croacia son a serie de moedas de euro cuñadas pola Casa da Moeda de Croacia a partir de 2023 coas anversos nacionais de Croacia, de curso legal en toda a Eurozona.
O euro substituíu o kuna como moeda oficial de Croacia o 1 de xaneiro de 2023,[1] cunha taxa de cambio de 7,53450 kunas = 1 euro, que fora establecida o 10 de xullo de 2022.[2][3][4] Os prezos amosábanse xa en ambas as moedas desde o 5 de setembro de 2022, situación que se determinou que se mantivese ata o 31 de decembro de 2023. As novas moedas estiveron dispoñibles para a poboación en "euromoedeiros" a partir do 1 de decembro de 2022,[3] e durante os 14 primeiros días de uso, o euro e o kuna circularon conxuntamente, para facilitar unha transición gradual.[5][6]
A data límite que se dispuxo para o troco das moedas de kuna nas oficinas de Correos e na Axencia Financeira de Croacia foi o 31 de decembro de 2023, e a partir desa data, a responsabilidade do cambio pasa o Banco Nacional de Croacia, ata decembro de 2025. Pola súa, banda, os billetes de kunas poderán cambiarse indefinidamente.[7]