Misión de Administración Interina das Nacións Unidas en Kosovo
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Misión de Administración Interina das Nacións Unidas en Kosovo (MINUK) (en inglés: United Nations Interim Administration Mission in Kosovo - UNMIK), é a administración provisional por parte da ONU da provincia serbia de Kosovo. A Misión xestou en Kosovo unha fase de transición cara á resolución do seu status definitivo despois da guerra de 1999. Tras o fracaso das negociacións entre as autoridades serbias e as do goberno provisional kosovar, estas últimas optaron por declarar unilateralmente, e co apoio dos Estados Unidos, da súa independencia de Serbia o 17 de febreiro de 2008. Esta independencia foi recoñecida polos Estados Unidos e moitos dos seus aliados, pero non foi aceptada por Serbia, Rusia, nin polas Nacións Unidas.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Creación | 10 de xuño de 1999 | |||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Páxina web | unmik.unmissions.org | |||
A MINUK foi creada pola resolución 1244 do Consello de Seguridade da ONU o 10 de xuño de 1999, ao final da Guerra de Kosovo.