![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/23/Miquel_Iceta%252C_XIV_Premis_Gaud%25C3%25AD_%25282022%2529.jpg/640px-Miquel_Iceta%252C_XIV_Premis_Gaud%25C3%25AD_%25282022%2529.jpg&w=640&q=50)
Miquel Iceta
político catalán do Partit dels Socialistes de Catalunya / From Wikipedia, the free encyclopedia
Miquel Iceta i Llorens, nado en Barcelona o 17 de agosto de 1960, é un político catalán, primeiro secretario do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) dende o ano 2014[1]. Dende xaneiro a xullo de 2021 foi ministro de Política Territorial do Goberno de España, en substitución de Carolina Darias, que foi nomenada Ministra de Sanidade, en substitución de Salvador Illa, que deixou o cargo para concorrer como candidato do PSC nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021.[2] Dende xullo de 2021 ata novembro de 2023 foi ministro de Cultura e Deporte.[3]
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Pechar
Iceta foi secretario primeiro do Parlamento de Cataluña dende 2012 até 2014 e candidato a Presidente da Generalitat de Cataluña polo PSC nas eleccións de 2015 e de 2017.