O Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 de España, coñecido na súa creación como Ministerio de Asuntos Sociais, é o departamento da Administración Xeral do Estado ao que lle corresponde a proposta e execución da política do Goberno da Nación en materia de dereitos sociais e benestar social, de familia e da súa diversidade, de cohesión social e de atención ás persoas dependentes ou con discapacidade, así como de protección dos animais.[1]

Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030
Thumb
Thumb
Tipoministério dos assuntos sociais e ministerio de España
Data de fundación11 de xullo de 1988
PaísEspaña
40°25′N 3°41′O
Na rede
https://www.mdsocialesa2030.gob.es/
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Igualmente tamén lle corresponde a este ministerio o impulso, o seguimento e a cooperación para a implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Organización das Nacións Unidas.[1] Por último, tamén se encarga das políticas sobre consumo, protección dos consumidores e actividades de xogo, antes adscritas ao extinto Ministerio de Consumo.

Titulares

Pablo Bustinduy, ministro de Dereitos Sociais desde 2023.

O cargo de ministro de Asuntos Sociais ou de Dereitos Sociais existiu de xeito independente en dous períodos da historia de España: o primeiro, no terceiro e cuarto goberno de Felipe González (1988-1996), e o segundo, durante o segundo e terceiro goberno de Pedro Sánchez (desde 2020).

Cinco persoas ocuparon a carteira, tres mulleres e dous home. Deles, Matilde Fernández foi quen a ostentou máis tempo, con 5 anos e 2 días (1988-1993).

O actual ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 é Pablo Bustinduy.

Lista de titulares

Máis información Imaxe, Nome ...
Imaxe Nome Mandato Partido Presidente do Goberno

(Mandato)
Monarca Ref.
Nomeamento Cesamento Duración
Ministra de Asuntos Sociais

Xoán Carlos I



(1975-2014)
Matilde Fernández

(1950-)
12 de xullo de 1988 14 de xullo de 1993 5 anos e 2 días PSOE

Felipe González(1982-1996)

[2]
Cristina Alberdi

(1946-)
14 de xullo de 1993 6 de maio de 1996 2 anos e 297 días PSOE [3][4]
Cargo suprimido durante este intervalo.
Ministro de Dereitos Sociais e Axenda 2030
Pablo Iglesias Turrión

(1978-)
13 de xaneiro de 2020 31 de marzo de 2021 1 ano e 77 días Podemos

Pedro Sánchez(2018-presente)



Filipe VI



(2014-presente)
[5][6]
Ione Belarra

(1987-)
31 de marzo de 2021 21 de novembro de 2023 2 anos e 235 días [7][8]
Ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030
Pablo Bustinduy

(1983-)
21 de novembro de 2023 No cargo 277 días Sumar
Pechar

Véxase tamén

Notas

Enlaces externos

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.