Miniopterus aelleni
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Miniopterus aelleni é unha especie de morcego do xénero Miniopterus que vive en Anjouan (Comores) e no noroeste de Madagascar. Trátase dun morcego pequeno de cor marrón. Os antebrazos miden 35–41 mm. O tragus (unha proxección situada no bordo interior da orella) é longo, ten a base ampla e a punta roma ou arredondeada. O pataxio (membrana caudal) ten poucos pelos. O padal é plano e ten diastemas ben visibles entre os cairos e os dentes premolares superiores.
Miniopterus aelleni | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Miniopterus aelleni' Goodman et al., 2009 | |||||||||||||||
Disrtibución do Miniopterus aelleni[2] |
As poboacións desta especie foron inclúuídas tradicionalmente na M. manavi, pero estudos publicados no 2008 e no 2009 indican que M. manavi é en realidade un complexo formato para cinco especies diferentes, incluída o Miniopterus aelleni. Polo xeral, o seu ámbito de distribución cadra co do M. griveaudi, outra especie anteriormente incluída en M. manavi.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.