![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/21/Tintin_and_Snowy_graffiti.jpg/640px-Tintin_and_Snowy_graffiti.jpg&w=640&q=50)
Milú
From Wikipedia, the free encyclopedia
Milú (en francés Milou, que sería literalmente en galego Nevado) é un personaxe de ficción creado en 1929 polo debuxante belga Hergé e que protagoniza a serie As aventuras de Tintín xunto co seu dono Tintín. Milú é can de raza Fox Terrier de pelo duro e branco, compañeiro de Tintín e cuxo nome orixinal (Milou) débese á primeira noiva do autor Hergé á idade de 18 anos (Marie-Louise Van Cutsem, chamada cariñosamente Milou). Por esta razón moitos cometen o erro de que Milú era unha femia. Con todo, as actitudes da mascota e o constante uso da palabra "chien" (en francés, "can") deixan en claro que Milú era un macho. Amo e can son tan inseparables que durante moitos anos a serie sobre as aventuras do intrépido reporteiro titulouse As aventuras de Tintín e Milú.
Milú | |
---|---|
[[Ficheiro:![]() Tintín e Milú | |
Información editorial | |
Editorial | Casterman |
Primeira aparición | Tintín no país dos soviets |
Creadores | Hergé |
Biografía ficticia | |
Especie | Can |
Compañeiros | Tintín, Capitán Haddock |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e7/Fox_Terrier_Alex.jpg/320px-Fox_Terrier_Alex.jpg)