Michele Padovano
futbolista italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Michele Padovano, nado en Turín o 28 de agosto de 1966, é un exfutbolista italiano que xogaba como dianteiro.
Remove ads
Remove ads
Traxectoria
Comezou a súa carreira futbolística no Asti TSC da Serie C2, antes de pasar polo Cosenza, Pisa, Napoli e Genoa. Entre 1993 e 1994 xogou no Reggiana, onde as súas actuacións chamaron a atención do adestrador da Juventus Marcello Lippi, que o fichou no verán de 1995.[1] Coa Juventus gañou a Liga de Campións en 1996, marcando un gol en cuartos de final ante o Real Madrid, así como un dos lanzamentos durante a quenda de penaltis da final ante o Ajax.[2]
Na súa época na Juve, o seleccionador Cesare Maldini convocouno para a selección italiana, coa que xogou un único encontro, unha vitoria por 3-0 ante Moldova, o 29 de marzo de 1997. Entrou no minuto 68, substituíndo ao tamén debutante Christian Vieri.[3]
Unha grave lesión nun xeonllo relegouno ao filial do club, e finalmente foi vendido ao Crystal Palace en novembro de 1997.[4] Xogou só 12 partidos na Premier League, marcando un gol contra o Leicester City.[5] Posteriormente pasou polo Metz e polo Como, onde tampouco conseguir triunfar. A continuación regresou a Londres a reclamarlle ao Palace unha débeda dun millón de libras.[6]
Non volveu xogar ningún encontro máis, poñendo fin á súa carreira no 2001.[4]
Prisión
En maio de 2006 foi detido pola policía italiana en Turín debido á súa implicación nunha trama de tráfico de haxix.[7] En 2011 foi finalmente condenado a oito anos e oito meses de cárcere.[8]
Remove ads
Palmarés
Cosenza
- Serie C1 (1): 1987/88.
Juventus
- Serie A (1): 1996/97.
- Supercoppa Italiana (1): 1995, 1997.
- Liga de Campións (1): 1995/96.
- Supercopa de Europa (1): 1996.
- Copa Intercontinental (1): 1996.
Como
- Serie C1 (1): 2000/01.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads