Metro de París
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Metro de París é unha rede de ferrocarril metropolitano que dá servizo á cidade francesa de París e algúns concellos limítrofes.[3] É un dos símbolos da cidade, influenciado nos seus inicios pola art-nouveau,[4] e presenta unha gran densidade de estacións e liñas dentro da cidade que contrasta co pequeno número de estacións que se distribúen pola área metropolitana.
Metro de París | |||
---|---|---|---|
Información | |||
Cidade | París, Francia | ||
Tipo | Metro | ||
Liñas | 16 (numeradas do 1 ao 14 máis 3bis e 7bis) | ||
Estacións | 302[1] | ||
Pasaxeiros (día) | 4,16 millóns (2015) | ||
Operacións | |||
Inauguración | 19 de xullo de 1900[2] | ||
Operador(es) | RATP | ||
Rede | 214 km[2] | ||
Ancho de vía | 1435 mm (largo internacional) | ||
|
O primeiro tramo acabou de construírse o 19 de xullo de 1900,[5] polo que é a sexta rede de metro máis antiga, só por detrás das de Chicago, Boston, Glasgow, Budapest e Londres.[6]
En 1998 inaugurouse a liña 14, a primeira construída dentro do termo municipal dende 1935. Trátase dun metro que funciona sen condutor e cos trens (de 90 m de lonxitude e seis vagóns intercomunicados) baixo o control de doce cámaras. Esta liña custou case o dobre dunha liña convencional. Non obstante, o seu custo de explotación é menor e garante unhas frecuencias inaccesibles aos outros convois.[7]
Das 302 estacións da rede,[8] 24 atópanse en superficie, en 43 paran dúas liñas, en 11 paran tres e en 5 paran catro ou máis. Dada a crecente poboación e a saturación da rede, continúase a construír novas liñas e estacións para satisfacer a demanda.