![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b6/Ethyl-mesylate-2D-skeletal.svg/langgl-640px-Ethyl-mesylate-2D-skeletal.svg.png&w=640&q=50)
Metanosulfonato de etilo
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O metanosulfonato de etilo ou etil metanosulfonato (EMS) é un composto orgánico que é o éster etílico do ácido metanosulfónico, con propiedades de mutáxeno, teratóxeno e carcinóxeno, coa fórmula C3H8SO3. Produce mutacións ao chou no material xenético por substitución de nucleótidos, especialmente transicións de G:C a A:T inducidas pola alquilación da guanina.[3] O EMS produce tipicamente só mutacións puntuais. Debido á súa potencia e espectro mutacional ben coñecido, o uso máis común do EMS é como mutáxeno químico en xenética experimental.[4] As mutacións inducidas pola exposición ao EMS poden ser estudadas despois en cribados xenéticos ou outros ensaios.
Metanosulfonato de etilo[1] | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Outros nomes Etil mesilato | |
Identificadores | |
Abreviaturas | EMS |
Número CAS | 62-50-0 |
PubChem | 6113 |
ChemSpider | 5887 |
UNII | 9H154DI0UP |
KEGG | C19239 |
ChEBI | CHEBI:23994 |
ChEMBL | CHEMBL338686 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | CH3SO3C2H5 |
Masa molecular | 124.16 g/mol |
Aspecto | Líquido incoloro claro |
Densidade | 1,1452 g/cm3 (22 °C) |
Punto de fusión | < 25 °C |
Punto de ebulición | 85–86 °C; 185–187 °F; 358–359 K |
Presión de vapor | 0,044 kPa a 25˚C[2] |
Perigosidade | |
Pictogramas GHS | ![]() ![]() |
Palabra sinal GHS | Danger (Perigo) |
declaración de perigosidade GHS | 302 , 340, 351 |
declaración de precaución GHS | 203 , 264 , 270 , 280 , 301+317 , 318 , 330 , 405 , 501 |
NFPA 704 | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |