From Wikipedia, the free encyclopedia
Metal Machine Music (subtitulado *The Amine β Ring) é o quinto álbum do músico estadounidense Lou Reed. Foi orixinalmente editado coma álbum duplo polo selo RCA Records en xullo de 1975. Foi reeditado como un único CD pola BMG en 1997 e no ano 2000 a través do selo Buddah Records. En 2011 Reed lanzou unha edición remasterizada do álbum.[1][2]
Metal Machine Music | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Lou Reed | ||||
Publicado | 1975 | |||
Duración | 64:11 | |||
Xénero(s) | noise, avant-garde | |||
Selo(s) | RCA Records | |||
Produtor | Lou Reed | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Neste disco Reed afástase do resto do seu catálogo ao non estar o álbum formado por cancións ou composicións con estruturas recoñecibles, evitando melodía e ritmo para obter retroalimentación e efectos de guitarra modulados, mesturados a varias velocidades por Reed. No libreto do álbum, Reed afirmaba ter inventado o heavy metal, e dicía que Metal Machine Music foi a conclusión última do xénero.
O álbum custoulle a Reed credibilidade na industria musical á vez que posteriormente lle abriu as portas para algún do seu material máis experimental. Aínda que tivo recensións negativas dende o seu lanzamento, Metal Machine Music no presente é considerado un precursor da música industrial, do noise rock, e da arte sonora contemporánea.[3][4] En 2010 Reed, Ulrich Krieger e Sarth Calhoun collaboraron para xirar tocando improvisación libre inspirada no disco como Metal Machine Trio.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.