pregamento interno da membrana plasmática bacteriana From Wikipedia, the free encyclopedia
Un mesosoma[2] é un pregamento interno da membrana plasmática bacteriana orixinado como un artefacto creado como resultado da aplicación das técnicas de fixación utilizadas na preparación de mostras en microscopía electrónica. Aínda que na década de 1960 se propuxeron varias funcións para estas estruturas, que se consideraban naturais, a finais da década de 1970 os mesosomas foron recoñecidos como artefactos, e actualmente non son considerados como parte da estrutura normal das células bacterianas vivas.
Estas estruturas son invaxinacións da membrana plasmática observadas nas bacterias grampositivas que foron fixadas quimicamente coa fin de preparalas para a microscopía electrónica.[3] Os mesosomas foron observados por primeira vez en 1953 por George B. Chapman e James Hillier,[4] que os denominaron órganos periféricos, e J.D. Robertson denominounos "mesosomas" en 1959.[5]
Ao primeiro, pensábase que os mesosomas poderían desempeñar un papel en varios procesos celulares, como a formación da parede celular durante a división celular, a replicación de cromosomas, ou como lugar da fosforilación oxidativa.[6][7]
Estes modelos revisáronse a finais da década de 1970 cando os datos acumulados suxerían que os mesosomas eran artefactos debidos a danos na membrana durante o proceso de fixación química, e non están presentes nas células que non foron fixadas quimicamente.[3][8][9] A mediados da década 1980, cos avances en crioxenia, e en xeral, a substitución dos métodos de microscopía electrónica, chegouse á conclusión de que os mesosomas non existen nas células vivas.[10][11][12] Non obstante, algúns investigadores seguen argumentando que as probas non son concluíntes e que, polo menos en certos casos, os mesosomas poderían non ser artefactos.[13][14]
Recentemente, observáronse pregamentos de membrana similares nas bacterias que estiveran expostas a algunhas clases de antibióticos[15] e péptidos antibacterianos (defensinas).[16] A aparición destas estruturas similares a mesosomas poden ser o resultado de danos na membrana plasmática ou na parede celular producidas por estas substancias químicas.[17]
A historia da proposta e a posterior refutación da hipótese dos mesosomas é interesante desde o punto de vista da filosofía da ciencia como exemplo de como unha idea científica pode ser aceptada e despois rexeitada, e de como a comunidade científica leva a cabo este proceso de proba.[18][19][20]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.