Meseta Central
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Meseta Central é a unidade de relevo máis antiga da Península Ibérica e a que ocupa a maior parte da súa superficie. A súa orixe atópase no macizo hespérico xurdido co movemento de oroxénese herciniano na era primaria. Este macizo foi arrasado pola erosión na era secundaria quedando convertido nunha penechaira que constitúe o zócolo da actual meseta, posteriormente alterado na era terciaria polos movementos da oroxénese alpina e a erosión e sedimentación ocorridas na era cuaternaria.
(es) Meseta | |||||
Tipo | Meseta rexión xeográfica | ||||
---|---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Península Ibérica | ||||
Localización | |||||
División administrativa | España | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | Cordal Cantábrico Serra Morena Sistema Ibérico Macizo Galaico Montes Vascos Cordilleiras Béticas | ||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Altitude | 650 m | ||||
Superficie | 400.000 km² | ||||
Medicións | |||||
Clima | clima mediterráneo continental | ||||
Durante a era Terciaria a oroxénese alpina afectou ao antigo macizo hespérico alterando os seus rebordes, producindo a aparición do Macizo Galaico, os montes de León e os Montes Vascos e o pregamento dos seus rebordes como son a Cordilleira Cantábrica, ao norte, o Sistema Ibérico, ao nordés, e a flexión-falla de Serra Morena ao sur. Esta oroxénese produciu o choque da placa africana contra a europea comprimindo no medio aos restos de macizo hespérico producindo ademais a fractura do zócolo que deu lugar aos montes de Toledo e o Sistema Central. Ademais os restos do macizo bascularon cara ao oeste sendo máis tarde sometidos a un proceso de sedimentación que está máis presente no seu lado oriental.
O resultado final dos procesos xeolóxicos é unha meseta cunha altitude media ao redor dos 600 metros, aínda que a altitude media da Submeseta Norte, a situada ao setentrión do Sistema Central, é maior que a meridional e onde o proceso de sedimentación é maior no seu lado oriental mentres que o occidental son máis visibles os materiais duros e cristalinos orixinais do macizo hespérico. A concepción da Meseta Central como unha gran alti-chaira separada do resto e situada no centro da Península é relativamente recente e non existía antes do século XIX: foi Alexander von Humboldt, precisamente, quen primeiro falou da existencia desta unidade do relevo central español.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.