![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fc/Jaguar.jpg/640px-Jaguar.jpg&w=640&q=50)
Melanismo
fenotipo animal / From Wikipedia, the free encyclopedia
O melanismo[1] é un exceso de pigmentación escura nun animal, poboación ou grupo, o cal se traduce nun ennegrecemento da pel. Un exemplo típico é a 'pantera negra': un leopardo ou un xaguar con pelame completamente negra.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fc/Jaguar.jpg/640px-Jaguar.jpg)
É frecuente que por mor dun incremento da actividade industrial, e con ela dos fondos escuros, aumenten as formas escuras ou melánicas e diminúan as formas claras, debido á mellor camuflaxe que ofrecen as primeiras. Este fenómeno chámase melanismo industrial. Nos peixes Betta splendens o melanismo é común, tendo unha cor negra anormal.