modelo eslovena e Primeira Dama dos Estados Unidos de América From Wikipedia, the free encyclopedia
Melania Knauss-Trump, nada en Novo Mesto o 26 de abril de 1970, é unha exmodelo estadounidense de orixe eslovena, coñecida sobre todo por ser a terceira dona do 45º presidente dos Estados Unidos, Donald Trump.[1] Sucedeu a Michelle Obama como a Primeira dama dos Estados Unidos de América, pasando á historia como a segunda nada fóra do país, tras Louisa Adams (dona do 6º presidente, John Quincy Adams, 1825-1829).
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sl) Melanija Knavs 26 de abril de 1970 (54 anos) Novo Mesto (República Federal Socialista de Iugoslavia) |
Primeira dama dos Estados Unidos | |
20 de xaneiro de 2017 – 20 de xaneiro de 2021 ← Michelle Obama – Jill Biden (pt) → | |
Datos persoais | |
Residencia | Nova York (1996–) Sevnica (pt) Sevnica (pt) |
Relixión | Igrexa católica e cristianismo |
Educación | Secondary School for Design and Photography, Ljubljana (en) |
Cor dos ollos | Azul |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Lugar de traballo | Nova York (1996–) Milán París |
Ocupación | modelo, empresaria, celebridade, deseñadora de xoias, escritora |
Período de actividade | 1986 - |
Interesada en | Cyberbullying (pt) |
Familia | |
Familia | Familia Trump |
Cónxuxe | Donald Trump (2005–) |
Fillos | Barron Trump |
Pais | Viktor Knavs e Amalija Knavs |
Irmáns | Ines Knauss Denis Cigelnjak |
Descrito pola fonte | The Art of Her Deal (en) |
Páxina web | melaniatrump.com |
|
Nada no seo dunha familia eslovena na vila de Sevnica, preto de Radeče, co nome de Melanija Knavs, comezou a súa carreira na modelaxe aos 16 anos ao tempo que cursou a carreira de arquitectura. En relación con Trump, ela continuou a súa carreira como modelo mentres realizaba obras de caridade.[2] Fala esloveno, serbio, italiano, francés, alemán e inglés.[3] A súa relación amorosa con Trump presentouse no reality show The Apprentice en 2004 e casaron o 22 de xaneiro de 2005.[4] Froito deste matrimonio naceu o seu único fillo: Barron (2006).
O 18 de xullo de 2016, protagonizou un escándalo por pronunciar na convención republicana un discurso que o seu asistente en parte plaxiara do pronunciado por Michelle Obama (primeira dama dos Estados Unidos nese momento) na convención demócrata en 2008.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.