From Wikipedia, the free encyclopedia
Un megáfono (do grego μέγας mégas "grande" e φωνή phoné "voz") é un aparato con forma de cono utilizado para amplificar sons. A súa principal cualidade é que non necesita un sistema de son completo con micrófono ou altofalantes e que é portátil.
A miúdo, os megáfonos son utilizados en manifestacións, eventos deportivos, mitins etc. No cine adoitan aparecer en mans de policías ou bombeiros que necesitan comunicarse con alguén afastado. Hoxe en día, a maioría dos megáfonos son eléctricos, cun pequeno amplificador alimentado por unha batería.
Antes dos megáfonos eléctricos utilizábanse conos para amplificar o son, na actualidade, estes cambiáronse por megáfonos eléctricos.
Un megáfono eléctrico é un sistema de enderezo público mans libres, é un dispositivo electrónico que aumenta a voz humana grazas á súa acústica, que utiliza un poder eléctrico. Consiste nun micrófono, un amplificador alimentado por unha pila, e un altofalante. Aínda que é un pouco máis pesado cós megáfonos acústicos, os megáfonos eléctricos poden aumentar a voz a un nivel máis alto, sobre os 90 dB.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.