Amplificador
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Amplificador, de forma xeral, é un dispositivo que, empregando enerxía externa (eléctrica), magnifica a amplitude ou intensidade dun fenómeno físico. Aínda que o termo amplificador se emprega amplamente no campo da electrónica, tamén existen outros tipos de amplificadores, como os mecánicos. Algúns exemplos de amplificadores mecánicos son os amplificadores hidráulicos e os servos empregados nos freos dos coches.
No mundo da música emprégase unha gran cantidade de dispositivos que captan o son dun determinado instrumento e que o transmiten a un elemento que transforma un sinal de son dun volume determinado a outro sinal de son cun volume moito máis elevado, facendo posíbel por exemplo, que unha gaita se escoite en todo o recinto dun concerto dende o escenario.
Os amplificadores máis comúns, debido á ampla difusión dos seus correspondentes instrumentos, son os amplificadores de guitarra.
Compóñense de dúas partes diferenciadas: Os altofalantes e o sistema electrónico.
- Os amplificadores de guitarra poden levar, segundo a súa potencia, un, dous, catro ou máis altofalantes.
- Os amplificadores están compostos ben dun sistema electrónico transistorizado ou ben valvular ou híbrido.
- Ademais, os amplificadores, independentemente da súa potencia ou tipo de sistema electrónico, pódense dividir en "combo" ou en "cabezal + pantalla".
No mercado podemos atopar gran variedade de potencias en amplificadores de guitarra. A gama de amplificadores pode abarcar dende mini amplificadores de 1 ou 2 watts de potencia de saída de son, como os Marshall Ms2 Arquivado 27 de abril de 2006 en Wayback Machine., pasando por amplificadores de 10, 40, 100, 150 ou 200 watts, como, por exemplo, os Orange Thunderverb.
A potencia dun amplificador vén determinada polas características electrónicas internas. Se un amplificador contén un pequeno circuíto con compoñentes pouco potentes, será un amplificador de poucos watts (1, 2, 10 watts), que son perfectamente aptos para tocar a guitarra na casa ou son amplificadores para gravación en estudo. Se o amplificador tén un gran circuíto e consta de entre 15 e 50 watts, pode ser empregado en pequenas salas de concerto, e a partir de 50 watts, xa pode ser empregado en concertos ao aire libre en grandes espazos que requiran grandes volumes.
Así mesmo, canta máis potencia teña un amplificador, máis altofalantes terá: un amplificador de ata 15 watts adoita ter un só altofalante, aínda que depende tamén das polgadas de cada altofalante. E, polo xeral, un amplificador de entre 100 e 200 watts pode ter unha pantalla de dous a catro altofalantes respectivamente.
No mercado atopamos tres gamas de amplificadores:
Son os amplificadores que se fabricaban aló polos anos 50 e incluso antes; son un tipo de amplificador que emprega as comúns válvulas de baleiro que se atopan nos aparellos electrónicos vellos. Este tipo de amplificadores, pese á irrupción dos transistores no mercado, seguen a ser fabricados en gran cantidade debido ás elevadas prestacións sonoras que producen, xa que o son que se obtén dun amplificador de válvulas é un son cálido e rico en matices sonoros, que enche o oído con frecuencias que resultan agradábeis ao noso sistema auditivo. Por suposto, para obter ese son tan peculiar e buscado polos guitarristas, é necesario desembolsar unha significativa suma de diñeiro xa que empregan compoñentes que non son demasiado abundantes na industria.
Son os máis accesíbeis en relación potencia/prezo. O seu sistema de amplificación está baseado en substituír as válvulas por transistores, polo que o seu son pode ser ben nítido pero carente de calidade e da vida que se obtén das válvulas. Son uns amplificadores moito menos prestixiosos que os de válvulas, xa que a calidade de son é menor, se ben son amplificadores moi utilizados en salas de ensaio e para amplificadores de práctica, xa que son moito máis baratos que os de válvulas.
Poden ser unha alternativa aos altos prezos dos amplificadores de válvulas e a menor calidade dos amplificadores de transistores, porén son un termo medio entre ambos e nunca acabarán soando a válvulas nin a transistores. A súa tecnoloxía baséase en empregar válvulas en certas partes do circuíto de amplificación e transistores en outras, polo que soan máis cálidos que os amplificadores de transistores, pero non proporcionan a gran calidade de son dun amplificador completamente a válvulas. Porén son máis accesíbeis de prezo que os amplificadores 100% válvulas e mellores que os de transistores, polo que nos últimos anos están tendo bastante éxito comercial xa que permiten a guitarristas modestos acadar mellor calidade de son parecéndose un pouco máis a un verdadeiro amplificador a válvulas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.