Medelpad
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Medelpad é unha provincia histórica sueca (landskap) que na súa totalidade está incluída no condado de Västernorrland, no sur da rexión de Norrland. Medelpad limita ao sur coa provincia de Hälsingland, ao oeste coa de Härjedalen, ao noroeste coa de Jämtland, ao norte coa de Ångermanland e ao leste co golfo de Botnia.
Símbolo oficial | Picea abies (flores provinciais en Suecia) Trollius europaeus (flores provinciais en Suecia) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Rexións históricas | Norrland | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 126.628 (2020) (17,94 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 7.058 km² | ||||
O primeiro documento conservado onde aparece o nome Medelpad é do ano 1257. Pénsase que Medelpad vén das palabras do sueco antigo Medhal, que significa "no medio" e Pad, que significa "camiño" ou "camiño acuático". Isto interpretouse como unha referencia á Sankt Olofsleden, unha importante ruta para camiñantes e xenetes dende Selånger ata Trondheim, en Noruega, e/ou á baía medieval e a canle de navegación ao porto marítimo de Saint Olof en Selånge, entre os dous ríos do landskap, o Ljungan ao sur e o Indalsälven ao norte.[1] Outra hipótese é que "Medelpad" pode ter significado "o terreo de praia no medio", e orixinalmente referido á zona cental de praia da era viquinga no Selångersfjärden, ao lado de Kungsnäs, pero ampliouse para referirse a toda a provincia que co tempo pasou a ser administrada dende este lugar.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.