![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/38/McFly2011-TomLeishman.jpg/640px-McFly2011-TomLeishman.jpg&w=640&q=50)
McFly
From Wikipedia, the free encyclopedia
McFly é un grupo inglés de pop rock/pop punk formado en Londres no 2003. Está formado por Tom Fletcher (voz, ukelele, guitarra e piano), Danny Jones (voz, harmónica e guitarra), Dougie Poynter (baixo e voz) e Harry Judd (batería). Asinaron con Island Records dende o 2004 até decembro de 2007, antes de crear o seu propio selo discográfico, Super Records.[1]
McFly | |
---|---|
![]() De esquerda a dereita: Harry Judd, Dougie Poynter, Danny Jones e Tom Fletcher | |
Orixe | Londres, ![]() |
Período | 2003 - presente |
Xénero(s) | pop rock, pop punk |
Selo(s) discográfico(s) | Island Super |
Membros | Tom Fletcher Danny Jones Dougie Poynter Harry Judd |
Na rede | |
Páxina oficial | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
McFly acadou a fama despois de que o grupo Busted os axudara a darse a coñecer convidándoos na súa xira de 2004. No 2005, gañaron o Brit Award ó mellor grupo pop británico.[2] O seu primeiro álbum, Room on the 3rd Floor acadou o número 1 nas listas de álbums do Reino Unido e foi certificado co dobre platino;[3] converténdose na banda máis nova en ter un álbum de debut no número 1, superando a The Beatles.[4]